Bos días,

Comprácenos convidalo á Xornada sobre Custodia do Territorio e conservación de Espazos Naturais Protexidos, organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, que terá lugar o vindeiro martes 27 de novembro ás 10:30 a 14:00 h na Casa das Insuas, sito na rúa José Pardo, nº 20, Rábade (Lugo) (ver mapa).

Nesta xornada pretendemos achegar a custodia do territorio ós técnicos, funcionarios e políticos das administracións públicas como ferramenta para establecer medidas de conservación e xestión dos Espazos Naturais Protexidos. Contaremos coa presenza de representantes de diversas entidades de custodia e de Reservas da Biosfera de Galicia e do resto do Estado que mostrarán os beneficios da sinatura de acordos de custodia sobre terreos de alto valor natural, así como os trámites administrativos habituais nestes tipos de acordos. Consideramos que esta xornada pode establecer novas canles de colaboración para mellorar a conservación do patrimonio natural e cultural de Galicia, polo que pregamos a súa asistencia.

Sen máis particular, achegámoslle a axenda da xornada, pregándolle que nos confirme a súa participación no evento no correo custodiadoterritorio ou no teléfono 630-94.82.93 (teléfono ou WhatsApp).

Un saúdo cordial,

Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos e Medio Ambiente

D. Argelio Fernández Queipo

A Xunta Directiva da Asociación Galega de Custodia do Territorio

18-11-27 – Xornada de CdT e ENP.pdf