O domingo 18 de novembro fanse cen anos da sinatura e difusión pública do Manifesto de Lugo, primeiro programa político do nacionalismo galego elaborado na asemblea convocada polas Irmandades da Fala na nosa cidade.

Con motivo desta efeméride en Cultura do País quixemos realizar un acto de recoñecemento e homenaxe aos membros das Irmandades que tiveron un papel tan relevante na construción nacional e na historia do nacionalismo galego. Este evento será unha función interdisciplinar que consistirá nun espectáculo de danza, música, teatro e poesía desenvolvido por persoas asociadas e simpatizantes da nosa Asociación.

A esta actividade, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro ás 17:00 hs. na Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez (r/Raíña, 1), puxémoslle como título ‘A lus da estrela que brila ó lexos’, texto provinte dun verso do poema ‘No escuro’, de Ramón Cabanillas (Vento Mareiro, 1915).

A través da presente comunicación queremos convidar ao voso colectivo á representación desta función, e a facer extensíbel o convite ao voso círculo social máis próximo. Agradeceriamos para termos previsión de asistencia que nos confirmarades a presenza antes do 15 de novembro nos enderezos que ofrecemos a continuación:

correo-e: culturadopais

teléfonos:

686132272

/

660857038

Un saúdo.