INCENDIOS FORESTAIS E RECUPERACIÓN DE TERREOS QUEIMADOS EN GALICIA.

Un ano máis convidámoslles a participar no Ciclo de Conferencias Dr. Luis Asorey García organizado pola Deputación de Lugo e a Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que este ano estará dedicado aos “Incendios forestais e recuperación de terreos queimados en Galicia”.

As conferencias celebraranse os días 19, 20, 21, 22, 26, 27 e 28 de novembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo (San Marcos, 8), agás o día 20, que se impartirá no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería.

A inscrición será gratuíta e as prazas son limitadas, polo que é necesario reservar praza mediante a presentación da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou presentación telemática na web www.ragc.gal.

Recordámoslles que este ciclo está recoñecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación do profesorado non universitario.

Esperamos que o ciclo resulte do seu interese e agradecemos a súa difusión.

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Servizo de Medio Ambiente

Deputación de Lugo

Santo Domingo 6-8, 5º andar

27001 – Lugo

Tfno: 982 227 813

Cartel Ciclo Asorey 2018.pdf

solicitude_inscrición_ciclo.pdf