O sábado, 20 de outubro, ás 20 hrs teremos na Casa-Museo un concerto acústico de CUARTA XUSTA, grupo de rock melidense, formado en 2016, e que ten por lema musical "Berrar con música as inxustizas que nos rodean". "Un novo espertar" é o título do seu primeiro traballo discográfico composto por temas de contido social e reivindicativo, nel colaboraron varios artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus.

As persoas interesadas poden reservar billete (5 euros) en contacto

Saúdos. Casa-Museo Manuel María

Aquí queda un adianto do que poderemos desfrutar o sábado 20 no auditorio da Casa-Museo https://www.youtube.com/watch?v=EIguxkNLkpY