Este sábado, en que se cumpren 89 anos do nacemento de Manuel María, a Casa-Museo presentará a edición dun volume coa Obra Teatral do escritor, e iniciará a súa habitual programación cultural cunha actuación do Mago Antón.

A publicación, baixo a edición da profesora María Pilar García Negro, recolle 33 pezas, moitas delas inéditas ou inaccesíbeis, e dá mostra da salientábel e importante achega de Manuel María ao teatro galego e o lugar sobranceiro que a dramaturxia ten na súa obra literaria. A presentación será ás 18 horas na Casa-Museo.

Ás 19 horas, xunto á Casa-Museo, comezaremos a programación cultural, tras o parón do verán, cunha actuación de Mago Antón que co seu Magomóbil, que estará estacionado perto da Casa-Museo, presentará o seu último espectáculo dirixido para todos os públicos. As persoas interesadas en asistiren a esta sesión de maxia poden reservar a entrada (billete: 2 euros até os doce anos e 5 euros persoas maiores de 12 anos), quer escribindo a contacto, quer chamando ao 698177621.

Enviámosvos o tarxetón por se o podedes difundir. Saúdos e obrigado. Casa-Museo Manuel María