Ao mediodía de hoxe, 21 de setembro, o Vicepresidente da Deputación, D. Argelio Fernández Queipo, que informou sobre o proxecto Planificación Interpretativa para a Reserva da Biosfera – Piloto- na Reserva da Biosfera Terras do Miño, neste caso, no Concello de Castroverde, asistindo tamén o Sr. Alclade, a Sra. Concelleira de Cultura e varios socios de Amigos do Patrimonio.

Mellor sería dicirmos, "reinauguración", do roteiro de Soutomerille, xa que este roteiro inaugurarase en 2008, mais a comenzos deste ano que corre, algúns energúmenos, destrozárono e, aproveitando este proxecto, propuxémonos repoñer o devandito panel.

Agradecer a todos a asistencia e, agardamos que non se siga a destruír a información sobre o patrimonio.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio