ASOCIACIÓN CULTURAL O FORNO DA VELLA

VIAXE AOS CAÑÓNS DO SIL POLA PARTE DE OURENSE

DÍA 30 DE XUÑO

SAÍDA ÁS 7 DA MAÑÁ DA IGREXA DE ESPASANDE

VISITAS:

Os Peares

Mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil

Miradores de Cabezoás (tamén chamado de Vilouxe)

Mirador Os Balcóns de Madrid

Parada de Sil, onde xantaremos.

Mosteiro de Santa Cristina, medio en ruinas pero interesante o paraxe, no medio dun souto de castiñeiros grandes.

Castro Caldelas

(As Lagas de Ourense creo que Terán que quedar para outra volta, porque non dará tempo).

PREZO: 15 euros + comida.

Nos 15 euros inclúense as entradas aos mosteiros. Se sobra, o que sobre descóntanse da comida.

AVISAR ANTES DO XOVES TFNO: 626024134