bos días
Amig@s, Compañeir@s e Colaborador@s

Enviámosvos (en arquivos adxuntos) información das XI Xornadas do Peregrino"Abrindo Camiño" que se van a celebrar en Mondoñedo e Lourenzá o venres 6, sábado 7 e domingo 8 de xullo de 2018.
As actividades son de asistencia libre e gratuita sen necesidade de inscrición, agás os desprazamentos en autocar para facer as camiñadas e o xantar, que é necesario anotarse ben sexa na Oficina de Turismo de Mondoñedo (teléfono 9825071779) ou no Concello de Lourenzá (teléfono 982121006).
O sábado 7 camiñaremos de Lourenzá a Mondoñedo (Area Recreativa de "A Fervenza " de Viloalle) e o domingo, 8 de Mondoñedo (barrio de San Lázaro) a San Cosme de Galgao (Abadín).

Tamén está previsto o sábado, 7 coincidindo coa Romaría Tradicional de "A Fervenza" a presentación, a cargo da Alcaldesa do Concello de Mondoñedo, do proxecto de posta en valor desta Área Recreativa, paisaxística e etnográfica. Unha vez que os representantes da Empresa de enerxias renovables "Nexia" e a alcadesa do Concello de Mondoñedo, chegaron a un acordo e asinaron un Convenio de Cesión de uso Público por 25 anos. Proxecto que se leva reivindicando e facendo labores de voluntariado desde hai preto de 40 anos, o que posibilitará o arranxo das antigas fábricas "Electricista Mindoniense" e posibilitará o acadar axudas de Institucións europeas, nacionais, autonómicas ou provinciais.

E polo que agradecemos a vosa asistencia e participación.

Un saúdo de LUIS FERNANDEZ ANSEDES
Presidente da Asociación "Abrindo Camiño" e Coordinador da Plataforma Cidadá "Comarca de Mondoñedo Unida".

cartel XI Xornadas do peregrino pdf.pdf