BREBE RESUMO ROTEIRO LEMBRANDO A MANOLO PÉREZ

Breve resumo do roteiro que no día de hoxe levou a cabo a nosa asociación en lembranza do noso defunto socio Manolo Pérez, da Casa Herdeiro de Vilaxurxo (Barredo, Santo André – Castro Verde).

Partindo do lugar de Córneas (parroquia de A Meda) fomos camiñando ata o Lugar do Cruceiro, onde hai unha cruz en alusión a Alonso Morán con data de 1766, que a seu carón acháse unha morea de plásticos, ademais dunha nova agresión (e xa van catro) ao panel explicativo do monumento anteriormente citado.

Continuamos polo chamado Camiño Francés (segundo cita o Marqués de Ensenada en 1753) onde puidemos contemplar na distancia a aldea de Vilafrío circundada polas súas extensas terras de cultivo que abastecen a súa importante produción láctea. Proseguindo o roteiro vimos o cumio de Pena Branca e fomos baixando a carón do rego de Racamonde (ou tamén coñecido como da Pallota, ou de Romeán) cara a Vilaxurxo, onde visitamos o muíño de Sal e detivémonos diante da casa do finado Manolo Pérez. Fronte á mesma, e na súa lembranza, deuse lectura ós seguintes poemas:

– "A amizade non ten prezo, mais ten valores" e "Quero ser o teu amigo" (os dous de Fernando Pessoa)

– "Amizade" e "O importante da amizade" (anónimos).

A seguir cantamos o Himno Galego e Pablo Castedo, o noso gaiteiro, interpretou “Camariñas”

Para rematar a andaina visitouse logo o lugar de Vilar dos Naraos e retornouse a Barredo (Santo André).

Agradecemos a súa publicación e difusión, con referencia gráfica das fotos que achegamos.

Saúde, Terra, Lingua e Patrimonio.

Manolo