O próximo 18 de novembro, sábado, ás 20 hrs, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, o grupo musical VooDoo levará a cabo un concerto. Este dúo composto por Maritxinha, no baixo e loops, e Belém Tajes, teclado e voces (voz tamén do grupo Luar na Lubre), foi o gañador en 2017 do Premio Martín Códax de Música Galega na categoría blues/funk/soul.

No concerto do 18 poderemos escoitar letras da música tradicional galega combinadas con harmonías soul e blues. Será un anticipo da súa música íntima e elegante que conforma o traballo musical que veñen de gravar e que proximamente sairá editado.

A entrada será libre até encher o aforo, mais pódense reservar as entradas escribindo un correo electrónico a contacto ou chamando ao tel. 698177621.

Saúdos.
Casa-Museo Manuel María