REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Departamento de Difusión

Praza da Soidade, s/n. – 27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12 difusion/www.museolugo.org

NOTA INFORMATIVAvinM

Día Internacional do Patrimonio Mundial 2017

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

O Día Internacional do Patrimonio Mundial celébrase en todo o mundo o 16 de novembro, data sinalada pola UNESCO para chamar a atención sobre a conservación e posta en valor dos nosos bens patrimoniais. Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa convocando a toda a cidadanía da provincia de Lugo a ‘sentir’ o ‘seu’ patrimonio.

CONVOCATORIA:

MOSAICO PATRIMONIAL DA PROVINCIA DE LUGO

Entendemos o patrimonio dun maneira global, desde o persoal (fotos, obxectos, memorias… do ámbito individual ou familiar) ata o patrimonio comunitario, sexa este natural, paisaxístico, arquitectónico, documental, material ou inmaterial, relixioso ou civil, de propiedade privada ou de xestión pública. Cremos que o patrimonio precisa o alento, a mirada e o afecto humanos; ou se humaniza ou non ten valor.

A Deputación de Lugo a través dos museos da Rede Museística convoca a toda a cidadanía residente (sen exclusións de idade) nos 67 concellos que conforman a provincia de Lugo a participar na elaboración dun gran mural colectivo onde se reflicta a riqueza patrimonial existente en toda a nosa xeografía.

Dirixímonos especialmente ao mundo escolar, colectivos culturais e concellos pedíndolles que promovan entre o alumnado e profesorado, socios e socias, veciños e veciñas ese “sentir’ o patrimonio como algo propio e como alicerce imprescindible da nosa forma de ser. Solicitamos que nos remitan aos respectivos enderezos electrónicosdos Museos da Rede unha fotografía onde se reflicta ese patrimonio ‘sentido’. Con todas as imaxes recibidas compoñeremos un gran mosaico patrimonial en cada un dos Museos da rede.

Como participar

Estas fotografías enviaranse unha a unha, cun tamaño de aproximadamente 1 MG, indicando en cada caso nun breve texto o lugar e demais datos identificativos da fotografía, así como a autoría (nome, apelidos e DNI). Fárase constar de forma expresa que se ceden os dereitos de reprodución á Rede Museística.

O prazo de envío destas fotografías comeza o 16 de novembro e remata o día 10 de decembro. Os mosaicos amosaranse ao público a partir do día 18 de decembro, Día Internacional da Migración.

Museo Provincial de Lugo: info

Museo Provincial do Mar: museodomar

Museo Fortaleza San Paio de Narla: sanpaiodenarla

Museo Pazo de Tor: pazodetor

+ info: Xerencia da Rede Museística

Tfno.: 699 836 883 / xerencia-redemuseos

Lugo, 15 de novembro de 2017