Bos días,

Reenviamos información de interese sobre unha xornada sobre conservación de prados atlánticos organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio.

Saúdos,

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deputación de Lugo

Ronda Muralla 140

27004 – Lugo

Tfno: 982 227 812

Ola amigos/as:

Os prados seminaturais son un hábitat que alberga unha gran biodiversidade e constitúen un elemento fundamental da nosa paisaxe rural, pero están forte regresión. O seu abandono ou a súa transformación en pradeiras artificiais está a ocasionar unha perda de hábitat para numerosas especies pratenses, tanto botánicas como zoolóxicas.
Por iso, o vindeiro sábado 4 de novembro organizamos unha xornada na que abordaremos a situación dos prados seminaturais atlánticos e falaremos do que podemos facer pola súa conservación, e na que contaremos con especialistas nesta materia.

Adxuntos enviamos o programa e o cartaz da xornada.

Agardamos que sexa do voso interese!

Apertas

Xunta Directiva da AGCT

custodiadoterritorio.org

Xornada_conservación_prados.pdf