Soubemos que este ano caera a cruz do cruceiro de A Queimadiña, Barreiros (San Cosme)
Onte puidemos comprobar que foi restaurada a cruz, parabéns por esta acción do concello e o bo facer de Pablo de Tórdea. Traballos de recuperación coma estes, están agardando outros cruceiros; o das Peniñas Brancas en Castedo, das Casas do Monte en Moreira ou o cruceiro de Serés.
Sabemos tamén que se está a restaurar o cruceiro das Cavozas.
Agardamos que ao longo dos anos se continue con este labor.
Deixa unha resposta