O sábado día 3 de xuño, dous representantes da asociación van participar na xuntaza deste cocelctivo.

Ahcegamos comunicado.

Prezados/as amigos/as,

un grupo de colectivos levamos algún tempo traballando no xermolo dunha rede de asociacións relacionadas co patrimonio cultural para ver de multiplicar os esforzos que se están a facer desde distintos sitios e a distintas escalas; creando un espazo de traballo e de intercambio de coñecementos e unha plataforma con novas posibilidades de interlocución. Por iso queremos invitarvos a unirvos e comezar a tecer unha rede o máis grande posíbel.

As ideas mais xerais están resumidas neste texto. Se estades de acordo podedes encher o formulario para unirvos á rede (a adhesión á rede é por organización, non persoal).

A nosa idea é presentar a rede o sábado 3 de xuño no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), ás 11:00h e logo tratar temas de organización e de accións concretas ata as 13:00h.

Agardamos que a idea vos pareza interesante, vos sumedes e sigamos a traballar xuntas polo noso patrimonio.

Unha aperta.

Mariña Patrimonio

Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego

AC Cultura do País

A Gentalha do Pichel

Sociedade Antropolóxica Galega

Asociación Ecoloxista Adega

PatrimonioGalego.net

Colectivo A Rula

Texto: http://redepatrimonio.gal/?i=1#gl-es

Formulario: https://goo.gl/forms/