Bos días,

Enviámosvos unha nova proposta que lanzou a Secretaría do Programa MaB en España: un concurso de vídeos para habitantes das reservas da biosfera (incluíndo os municipios parcialmente incluídos na RB).

A Secretaría do Programa MaB pensou que pode ser unha boa forma de transmitir os valores das reservas da biosfera. Este é o enlace no que podedes acceder aos documentos relacionados:

http://rerb.oapn.es/noticias-publicas/356-convocado-concurso-de-videos-en-reservas-de-la-biosfera-videosfera-2017

A participación pode ser individual ou en grupo, e as categorías do concurso son: mellor vídeo, mellor valoración pública e vídeo novo (de 10 a 16 anos).

O prazo para presentar os vídeos e a solicitude de participación ábrese o 1 de xuño de 2017, e finaliza o 1 de novembro de 2017.

No documento “Bases do Concurso Videosfera 2017” están recollidos todos os detalles.

Esperamos que esta nova iniciativa sexa do voso interese e agradecémosvos a súa difusión.

Reserva da Biosfera Terras do Miño

Deputación de Lugo

Ronda Muralla 140

27004 – Lugo

Tfno: 982 227 812

BASES DEL CONCURSO DE VIDEOSFERA2017.docx

FORMULARIO CONCURSO DE VIDEOS (2) (1).docx

Datos adjuntos sin título 00015.docx