O vindeiro 1 de abril, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, ás 20 horas, contaremos coa presenza do grupo de música folk con orixes no concello de Castro de Rei, MILESIOS, que nos presentará o seu novo traballo indoevindo.

Este traballo, que podedes escoitar un pequeno anticipo na páxina web www.milesios.gal, está inspirado nas viaxes do cotiá, e continúa a explorar as relacións entre a música galega e a música irlandesa con pezas que beben de ambas as tradicions e outras de composición propia.

Milesios leva sete anos polos cenarios de toda Galiza, compartindo cartaz con grupos como o desaparecido Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque, entre outros.

Nunha das pezas do traballo póñenlle música ao poema de Manuel María Anceio, pertencente ao poemario Advento.

O concerto encádrase no ciclo De corazón a corazón. Concertos na intimidade e o prezo do billete é de 5 euros, podendo reservar no correo electrónico contacto ou chamando ao teléfono 698177621.

Achegámosvos co correo o cartaz por se o podedes difundir.

Saúdos. Casa-Museo Manuel María