BREVE RESUMO

ROTEIRO SEIMEIRAS DE QUEIXOIRO

DOMINGO 04-12-2016

Noutro agradable domingo, día 4 do mes de Nadal deste ano que corre, participamos no roteiro das Seimeiras de Queixoiro, organizado pola Asociación Deportiva Pasada das Cabras (Burela) e coa paticipación das Asociacións Terras de Lourenza e Amigos do Patrimonio de Castro Verde.

A camiñata comenzou no descenso ao lugar de Queixoiro, para irmos contemplar as dúas femosas seimeiras ou fervenzas que alí hai. Segundo ïamos baixando puidemos contemplar as masas de árbores autóctonas que hai a ámbalas marxes do río(s) / rego(s), do Rodil ou afluentes del. Chamounos poderosamente a atención como están a tirar estas masas e substituíndoas por monocultivo de eucaliptos, chegando os plantios ata as mesmas marxes da estrada e pistas.

Xa na baixada ás seimeiras puidemos contemplar a fermosura do lugar, onde á parte das xa aludidas seimeiras, tivemos ocasión de ver as corrizas ou ouriceiras que servían para ter as castañas ata que se foran recoller, para protexelas dos animais e bichos; tamén castiñeiros centenarios, algúns deles bastante deteriorados por falta de podas, esmucas ou demoucas e coidados axeitados; fentos ou folgueiras, abelairas ou abeleiras, etc., tan só por salientar parte da vexetación riparia.

Con este roteiro despedimos este ano, agardando para o vindeiro poder volver xuntarnos.

Boas Festas e Ano Novo adiantado.

Saúde, Terra e Lingua