BREVE RESUMO ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Na noite do martes 31 de maio, tivo lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, a cal foi convocada pola súa Xunta Directiva co obxecto de acordar unha postura común e representativa sobre a situación que se esta a dar en torno a distintos movementos a favor e en contra da plantación de eucaliptos no concello de Castroverde.

A intención dos máximos dirixentes foi a de adoitar unha opinión conxunta e dala a coñecer publicamente para poder separar claramente as opinións persoais que estaban a emitir algúns dos seus membros, das emitidas pola representativadade dos socios.

Despois dunha sucesión de intervencións que ofreceron opinións tanto a favor como en contra, facendo honra dos fins da Asociación (entre os que destaca a defensa do patrimonio do concello en calquera das súas manifestacións), chegouse por unanimidade ao acordo de que a Asociación se postule en contra da plantación nidiscriminada de eucaliptos e si a favor do cumprimento da lexislación vixente que afecte ao desenvolvemento territorial sostible do municipio así como da búsqueda de posibles alternativas de produción forestal alternativas a esta especie.

Asemade aproveitouse a sesión para informar aos socios da organización dun coloquio sobre este tema o día 7 de xuño, martes, ás 22:00 h. no CPI de Castro Verde, no cal intervirán expertos forestais. Colaboran coa Asociación Amigos do Patrimonio a Asociación Galega de Custodia do Territorio, ADEGA, A Asociación Cultural A Chave das Noces e a Asociación Cultural O Forno da Vella.

Anímase a asistir a todos/as aqueles/as que teñan unha opinión sobre esta temática e queiran compartila nun debate san e construtivo.