RECOÑECEMENTO AO RVDO. ROGELIO REIGOSA

Domingo, día 29 de novembro de 2015

Informados polo noso amigo e socio, Ricardo Polín, que, máis veces ten aludido a esta figura senlleira de Castro Verde, o primeiro “cronista honorario do municipio de Castro Verde”, mestre oficial de Santa María de Monte e cura párroco desta freguesía e o seu anexo de Recesende”, D. Rogelio Reigosa Ferreiro, queremos sumarnos ao recoñecemento do que foi primeiro “Cronista Honorario do municipio de Castro Verde” e entusiasta investigador e divulgador do legado histórico do noso Concello, coincidindo co 40º aniversario do seu tráxico pasamento en accidente de tráfico no lugar do Empalme (27–11–1975).

O vindeiro domingo 29, coincidindo coa misa quincenal na igrexa de Outeiro, á unha do meiodía, procederase á colocación dunha praca na súa sepultura e a unha breve lembranza e exaltación da súa figura e importante obra cultural de referencia indispensábel.

Nun futuro próximo, se non hai impedimento de forza maior, terán lugar outras actividades arredor deste ilustre fillo de Castro Verde co cal temos unha permanente débeda.

Saúdos.

Asdo.- Antonio V. Figueroa Paz Asdo.-Manuel Muñiz Besteiro

Secretario Presidente

Lugo – Castro Verde, 24 de outoniño de 2015

Rogelio Reigosa, corenta anos de lembranza silandeira