RESUMO X ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN

Sábado, día 14 de novembro de 2015

Nunha mañá algo fresca, mais nun esplendoroso día, celebramos estes dez anos cos seguintes actos:

Saímos de Castro Verde perto das dez da mañá e, comenzamos o roteiro de Soutomerille parándonos na igrexa, onde tivemos a ocasión de contar con Ignacio Eguibar, (Xerente do S.A. Xacobeo co Goberno Bipartito), que nos explicou o que se pretendeu facer en Soutomerille, rehabilitar todo o conxunto etnográfico, mais ao cambiar o goberno o proxecto quedou en nada. Agradecemos ao Sr. Eguibar todo o apoio que ten dado á Asociación e que nos tivera acompañado no roteiro. Continuamos pola corredoira do centenario castiñeiro, cemiterio, camiño das Varancas, rodeando a Croa de Soutomerille e Castro Peón, camiño dos Abeledos, castiñeiro do Neto, camiño do Agriño, Os Cortellos, Croa de Soutomerille (asentos dos mouros), casa de Arriba, volta polas Cambas e Salgueiros ata a rotonda de Paderne.

Rematado o roteiro, no CPI tivemos unha exposción das principais actividades realizadas pola asociación, por quen isto escribe; lectura, por parte de Lidia, da comunicación; UNHA DÉCADA EN DEFENSA DO PATRIMONIO CULTURAL escrito por Felipe Arias, socio e fundador de Amigos do Patrimonio, A MIÑA ANDADURA COS AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE, realizada porBeatriz Pin, socia de Amigos do Patrimonio. E para rematar entrega dun folleto dos roteiros que elaborou Antoio V. Figueroa e que explicou a súa elaboración, agradecer desde aquí o seu traballo.

Posta en común dalgúns aspectos do Concello, intervención do Concelleiro do BNG, Pepe Gómez, de Cuvelas, en relación á Torre de Homenaxe e de Xurxo Rodríguez, presidente da Asoc. Arumes do Corgo que nos animou a continuar traballando, aos que agradecemos desde aquí que nos acompañaran neste día, intervencións doutros socios que ven a necesidade de continuar defendendo o patrimonio.

Logo do xantar, na sobremesa, veu a sorpresa, coa actuación do Mago Antón que, realizou trucos de maxia polas mesas a quen agradecemos desde aquí a súa participación nos actos deste día.

E para rematar os actos, actuación do Grupo Tundal. Grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, fixo música de rúa, tanto instrumental como cantada e que rematou o repertorio cun romance, tamén fixeron cantigas e pezas para seren bailadas.

O grupo está formado por: Xosé L. Ansemil (percusión e voz), Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz), con Esperanza Iglesias (voz).

Saúde, Terra e Lingua

10 vivindo o patrimonio en Castroverde

Outoniño de 2015