– SORPRESA – SE VIDES XANTAR OU TOMAR O CAFÉ DESCUBRIRÉDELA Imaxe en liña 1

GRUPO TUNDAL

Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. Xosé L. Ansemil (percusión e voz), Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz), con Esperanza Iglesias (voz).

[attach 2]

[attach 3]