BREVE RESUMO ROTEIRO POLA VÍA XIX e VISITA AO PANTEÓN DE ENRIQUETA OTERO POLO 26 CABODANO

Neste agradable sábado, día 17 do mes de outono, fixemos o roteiro pola Vía XIX desde Pereira (Furís), pasando por Furís de Abaixo onde puidemos encontrar aínda fincas con pumares todo arredor, continuamos camiño a Lourentín onde hai uns cen metros con fientos e que, se non se sabes o camiño, parece que hai que voltar. Despois do lugar de Lourentín deixamos a parroquia de Furís e entramos na de Mirandela onde puidemos ver un dos muíños rehabilitados e a casa grande. De Mirandela a Miranda, onde visitamos o panteón de Enriqueta para facerlle un pequeno recoñecemento dando lectura a un poema da autoría de Paco Pestana que, leu César Gómez e despositamos unhas flores e, o debuxo dun carriño que, nos facilitou a Asoc. Enriqueta Otero que reza; “Non ê posible a xustiza sin cultura”. Visitamos tamén o resto da casa que levantou a propia Enriqueta.

De Miranda marchamos camiño de Tórdea, mais con certas dificultades, primeiro porque os “chitos” estaban tapados por silvas, isto pasou en varios lugares, o máis complicado foi cruzar o río, porque había uns cen metros de camiño case oculto pola maleza. Pedimos desde aquí, unha vez máis, que se limpen os “chitos” e eses anacos de camiño. Non podemos ter estes Camiños H istóricos abandonados deste xeito. Rematamos a camiñata en Tórdea cunha pequena visita á igrexa que é “un mini museo” en palabras de D. Xaime Delgado.

Saúde. Terra e Lingua