Cada ano vimos realizando desde a Asoc. Terras de Lugo unha xornada divulgativa sobre proxectos que desenvolve a Asociación no territorio. Xa levamos unhas cantas dende que comezou a nosa andaina aló polo 2008, sempre rotatorias procurando que cada ano fose nun concello distinto. Como este é o derradeiro do período LEADER 2007-2013, realizouse a xornada  no único concello que nos quedaba: Outeiro de Rei.

A segunda actividade da Asoc. Amigos do Patrimonio deste mes centrouse en colaborar coa Asociación Terras de Lugo coa que colaboramos, un ano máis,  na actividade de “Elaboración de documento marco para planificación interpretativa do territorio de actuación da Asociación”.

A xornada consitiu na  elaboración dun documento que nos sirva como punto de partida para comezar, unha promoción  coherente, homoxénea e participativa  do patrimonio da Comarca de Lugo, aplicable, neste caso ao noso concello a través de técnicas innovadoras.

A xornada desenvolveuse no auditorio da Casa-Museo Manuel María; servíndonos para valorar que temos que planificar mellor e non incorrer en erros de diversa índole.

Agradecer a Antonio V. Figueroa (xerente de Terras de Lugo e, actual secretario de Asoc. Amigos do Patrimonio) o seu traballo, ás rapazas de Ambientarte as súas explicacións e a Fran que nos abrira o auditorio da Casa-Museo Manuel María.

Despois do xantar  actuación do “Mago David”

 

Pola tarde.

Roteiro do “Miradoiro da Terra Chá (PR-G 155)”.

Comezamos o percorrido  en Francos e rematamos no mesmo lugar. Facendo un roteiro circular, duns 10 quilómetros. Pasando por un dos lugares máis máxicos da Terra Chá: Penas de Rodas e por un dos miradoiros coas vistas máis espectaculares desta extensión: A Cruz de Paraños (614 m. de altitude) que en días claros podemos chegar a ver toda a Terra Chá, Vilalba e Terras de Xermade cara o norte, Serra de Meira e a Vacariza cara o noroeste e, Lugo cara o este, tan só por salienar algúns lugares.

Saúde. Terra e Lingua

 

RESUMO ELABORACIÓN DOCUMENTO E ROTEIRO.doc