DEMOCRACIA

Se eu mandase, ai daquela! Se eu mandase mandaría que a sesión anual de control ao Goberno a fixesen as mulleres e non os partidos da oposición. ¡Tódolos Mércores de Cinsa!

Explicareime: ¿Quen administrou, de sempre, as casiñas dos nosos entregos? ¡As mulleres! Por algo lles dicíamos, “A miña Ama!”. Non só listas abertas, senón, e tamén, censura, censura anual!

¡Deus, qué ben ía funcionar o país con estes controis! E logo que dá gusto oílas nas tribunas, e non esas voces roufeñas de nolos homes. ¡Ídeo pensando!

Xosé María Gómez Vilabella