Boa tarde!
Dende a Unidade de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, informámoslle de que o xoves día 9 ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Deputación de Lugo acollerá a conferencia que leva por título Identificación e control da invasión en Galicia da Vespa velutina. Esta conferencia, que será impartida polo Presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores, D. Pablo Piñeira Fraga, abordará aspectos relativos aos perigos que desencadea esta especie invasora e informará sobre que pautas se poden seguir para intentar frear a súa expansión.
A entrada á conferencia é libre até completar o aforo do Salón de Actos da Deputación, situado no Pazo Provincial, na Praza de San Marcos s/n (Lugo).
Agardando que esta información resulte do seu interese, reciba un cordial saúdo,
Unidade de Medio Ambiente e Enerxías Renovables
Deputación de Lugo
Deixa unha resposta