LETRA DAS FESTAS 2014
Historias de tolos, chalados e traslidos
O vindeiro mércores 8 de outubro, ás 18.00, no Círculo de las Artes de Lugo, con entrada libre até completar aforo.

Cuarta edición da "revista de literatura oral ao vivo" que sae sempre polo San Froilán, e na que este ano interveñen persoas que rememoran persoeiros singulares de Lugo e arredores, todos reais, denominados de mil maneiras: tolos, loucos, dementes, chalados, chiflados, lunáticos, maniáticos, idos, majaretas, traslidos e outros moitos calificativos para diferencialos de todos os que nos consideramos “normais”. Entre eles O Currinche, Caín, Balbino, anécdotas de Fole ou de Cunqueiro e… algunas sorpresas que non podemos revelar.

Participarán:

Na parte musical interveñen Abraham Cupeiro e Héctor Barro.

O debuxo do Currinche que ilustra o cartel de convocatoria deste acto é da autoría de ELERRE.

Coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a coordinación e presentación de Antonio Reigosa e Isidro Novo, a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.