MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA 

 

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS e NOITE DOS MUSEOS – 2014

O Museo celebra o Día Internacional dos Museos (18 de maio), e participa así mesmo no programa europeo “A noite dos museos” o sábado máis próximo a dita data (neste ano 2014 o 17 de maio), con actividades vespertinas e nocturnas tanto no Museo coma no Castro, coa colaboración da súa Asociación de Amigos e do Concello de Castro de Rei.
PROGRAMA
Venres 16 de maio
Ás 19’30 h. na Sala de Actos do Museo:
– Actuación de Pepe Penabade co espectáculo: “O Afiador Rodesindo da Barrosa”
Conferencia-concerto en homenaxe a Xosé Mª Díaz Castro, a cargo de Mini e Mero 
Sábado 17 de maio
A partir das 17’30 h., no xardín do Museo:
Demostración de xogos populares a cargo do Club de Bolos O Cadaval de Pacios, e actuación do grupo de música tradicional Os Valuros, de Castro de Rei
No Museo e no Castro:
Actividades de recreación histórica, demostracións e xogos con participación do público, a cargo das asociacións do campamento de Arde Lvcvs, Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum eTerra Copora
Ás 19 h, na Sala de Actos do Museo:
– Actuación do Mago Rafa
A partir das 20’30 h., no xardín do Museo:
Refrixerio con petiscos, bebidas e queimada
Á partir das 22’30 h:
Visita nocturna ao Castro, onde finalizarán as actividades.
N.B.- Os horarios da Noite dos Museos o sábado 17 de maio indícanse de xeito aproximado. No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitiran as actividades previstas no exterior, faranse uns actos alternativos nas salas e nos pórticos do Museo.