Mércores, 15/01/2014 – Sábado, 15/03/2014
Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) De martes a sábado de 16:30 a 20:30 horas
O día 15 de xaneiro ás 19:00 inaugúrase a exposición Olería tradicional de España – Medidas do viño, que estará aberta ata o 15 de marzo no horario habitual do MIHL.
Trátase dunha exposición singular que está composta por un cento de pezas orixinais, algunha delas con varios séculos de antigüidade, perfectamente catalogadas e relacionadas principalmente coas medidas do viño. Esta é a única colección destas características que existe en España e que é propiedade do Equipo Adobe, importantes coleccionistas de oleria tradicional, que no 2013 foron finalistas na modalidade de investigacion dentro dos Premios Nacionais de Cerámica e que nas últimas décadas levan inventariadas máis de 5.000 pezas de olería.
http://www.lugo.es/ws/documentos/2014/Exposicion_Oleria_tradicional.pdf
Deixa unha resposta