El Martes 7 de enero de 2014 14:12, RB Terras do Miño escribió:
Estimados amig@s,
Como continuación o ciclo de actividades de inverno organizadas pola Deputación Provincial de Lugo coa colaboración da Casa das Insuas, AGCT, Numenius e Concello de Rábade, os vindeiros 10 e 11 de xaneiro no C.E.N Casa das Insuas en Rábade, seguiremos a desenvolver as xornadas “CONSERVACIÓN E  XESTIÓN DOS VALORES NATURAIS NA  R.B DE TERRAS DO MIÑO: O PAPEL DA CUSTODIA DO TERRITORIO” a través de dúas quendas que tratarán respectivamente sobre a conservación e xestión da flora e fauna e sobre producción láctea e conservación da natureza.
O programa a desenvolver será o seguinte:
 
Venres, 10 de Xaneiro de 2014
CONSERVACIÓN E XESTIÓN DA FLORA E FAUNA NA R.B. DE TERRAS DO MIÑO
17:00 h. A flora ameazada na RB de Terras do Miño. G. Botánica-IBADER/USC
17:30 h. As aves dos medios agrarios na RB de Terras do Miño. AGCT-Numenius
18:00 h. Situación do mazarico real na RB de Terras do Miño. Asoc. Numenius
18:30 h. Pausa café
19:00 h. Debate: ¿Pode axudar a custodia do territorio a conservar a flora e fauna ameazada da RB de Terras do Miño?. G. Botánica-IBADER/USC, Asoc. Numenius, Dir. Xeral Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo.
 
Sábado, 11 de Xaneiro de 2014
PRODUCCIÓN LÁCTEA E CONSERVACIÓN DA NATUREZA NA TERRA CHÁ
10:00 h. Cambios no uso do solo nas últimas décadas na Terra Chá. Laborate-IBADER/USC
10:45 h. Principais efectos negativos da producción láctea intensiva sobre as aves: O caso da Terra Chá. AGCT, Numenius
11:30 h. Pausa café
12:00 h. Producción láctea sostible. CIAM
12:45 h. PDR, producción láctea e conservación da natureza. Direc. Xeral de Desenvolvemento Rural
13:30 h. Xantar
16:00 h. A visión das ganderías ecolóxicas. Arqueixal, Gandeiría Codesal e Granxa Bértolo
17:30 h. Documental “Tetas caídas”. VSF-euskadi
17:30 h. Debate: Producción láctea compatible coa conservación, é posible?
A inscrición para as mesmas farase a través do enlace: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/casadasinsuas2013.html
Un saúdo.
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo