Bo día,
Contactamos con vos para informarvos do evento denominado “Nuevos Horizontes en vivo”, que ímos organizar o sábado 19 de outubro de 2013 en relación ás actividades do proxecto Nuevos Horizontes.

Nas últimas xornadas organizadas para a difusión, posta en común ou debate sobre experiencias ou temas de desenvolvemento do territorio, vímos detectando que a participación dos asistentes non foi todo o satisfactoria que se agardaba.

É por isto que decidimos modificar o formato. En lugar de subir á palestra a expertos, promotores ou colaboradores, pensamos noutra estructura que podería ser motivadora: achegarnos ás experiencias implicadas no proxecto a través dunha viaxe polo territorio.
Consistirá por tanto esta xornada, nunha serie de visitas a proxectos amparados polo proxecto Nuevos Horizontes, mais tamén, a outras iniciativas relacionadas coa produción agraria e coa posta en valor do patrimonio do rural.
Para maior detalle achegamos a este correo o itinerario elaborado para esta viaxe.
Debido a que as prazas son limitadas, pregamos nos confirmedes a vósa asistencia como moi tarde o luns 14 de outubro ás 14:00 horas, ben por vía telefónica (982228922 / 626014105) ou ben por correo electrónico no enderezo: [email protected].
Agradecemos a maior difusión posible que se poida facer do evento.
Un saúdo.

Asociación Terras de Lugo
Correo-e: [email protected]

Torre nº1, San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)

Teléfono fixo: 982.22.89.22

Teléfono móbil: 626.01.41.05