Dúas palabras –A ESCRITORA NA SÚA TERA

Hoxe sábado, 15 de xuño participei na Homenaxe “A Escritora na súa Terra”, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XIX edición  recaendo, na figura de Marica Campo, que  foi homenaxeada na  súa  terra natal, o Val do Mao.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da AELG, e tense constituído ao longo de case dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do/a homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a  (unha  peza  escultórica  asinada  por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha camelia elixida pola propia autora), a colocación  dun  monólito  conmemorativo  e  a atribución do nome do homenaxeado a un espazo público, neste caso ao Campo da Festa-Souto Marica Campo.