No barco, pola fermosa ría ferrolana

Este sexto encontro de asociacións onde participaron: Agrupación Instrutiva Redes e Caamouco, Arcas de Sárria, Arumes do Corgo, Roteiros de Pol (repesentación), Amigos do Patrimonio de Castro Verde e acompañáronnos socios de A Canteira de Neda que, se queren incorporan a estes encontros, sexan benvidos. 

Arredor das 10:00 h. comenzamos cun percorrido pola ría de Ferrol, onde nos amosaron a súa contorna, son de salientar entre outras cousas; a construción de grandes buques, o porto de mercadurías e os castelos de San Felipe e A Palma entre outras cuestións. Non podemos deixar de falar do novo Porto Exterior que, nos parece un despropósito, se hai necesidade haberá que construír portos, mais termos dous portos tan perto, o de A Coruña e Ferrol, non se entende. Non sería mellor facer un bo a medio camiño e mellor comunicado coas vías terrestres?, mais este País noso, xa non sei se ten solución. No de Ferrol, deixando á parte o impacto visual, cortaron, penso que a metade da entrada da Ría, o que provoca que non haxa o suficiente fluxo das correntes mariñas para que se poida dar a debida osixenación á vida maríña desta fermosa, protexida e longa ría que se aproxima aos 16 ou 17 Km.

Logo do percorrido da ría, marchamos desde Mugardos, cruzando a vila para ir bordeando a ría pola enseada do Baño, facendo unha pequena parada entre Punta Redonda e o Castelo da Palma que, parece que mercaron para convertelo en hotel. Seguimos pola Enseada de Nande ata perto de Punta Moa para ascender ata o Mosteiro de Santa Catalina no Monte Faro. Segundo iamos ascendendo puidemos ver A rías de Ares, Betanzos e ao fondo A Coruña.

Logo do percorrido, Carlos explicounos o mosteiro, comentar que é un edificio levantado en 1393, fundado por Fernán Pérez O Bo señor feudal da comarca, cun estilo románico cando xa se impoñían os cánones do gótico. Ten dous claustros, o mellor conservado é de estilo renacentista. A igrexa sufriu modificacións no século XVIII, en que pasou de planta en forma de cruz a unha nave de cuberta única con bóveda de canón sobre arcos. Retablo de madeira policromada con esquemas de ornamentación barroca. No interior do mosteiro pódense observar restos de capiteis, estatuas e lápidas de sepulcros.
Coa desamortización de Mendizábal 1837 os franciscanos víronse obrigados a abandonar o mosteiro pasando a propiedade e a xestión do edificio a mans do exército ata o ano 2000. Actualmente a xestión lévaa o concello de Ares.
Logo do xantar tivemos a actuación da “A. C. Rondalla sonidos del Alba” de Ferrol, que é o seu presidente J. Luís Cacabelos, agradecemos desde aquí á Rondalla, especialmente a Cacabelos, a toda a Xunta Directiva da Agrupación Redes e Caamouco e ao Concello de Ares a organización e bo facer ao longo de toda a xornada. A Rondalla interpretou diversas pezas populares; Nabucco de Verdi, María la portuguesa, Un beso y una flor de Nino Bravo, Quizás Quizás Quizás de Nat King Cole, … para rematar coa peza galega; “ Que noite tan bela…”

Rematou o encontró coa desgustación da “bola larpeira” e unha queimada.

Grazas por todo.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz

AVISO:
Aproveitamos para lembrar que, na fin de semana do 7,8 e 9 de xuño terá lugar a Iª Feira Medieval, os/as que queiran participar no xantar do día 9, domingo, teñen que comunicalo antes do día 4 de xuño.

VER O ÁLBUM de FOTOS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VIENCONTRODEASOCIACIONS2013?authuser=0&feat=directlink