Estimados/as amigos/as:
Normalmente nos Espazos Naturais Protexidos de Galicia priorizáronse os aspectos materiais e naturais do lugar, obviando ou minusvalorando o patrimonio inmaterial, por exemplo o histórico. Resulta curioso, xa que moitas veces, estes valores foron decisivos para a designación do espazo protexido.
Proximamente faremos unha viaxe apaixonante (o sábado 6 de abril e o domingo 7 de abril) pola Reserva da Biosfera Terras do Miño. Pero tamén viaxaremos ás revoltas da fame de 1911, ás consecuencias tráxicas dun capricho en 1918 e acompañaremos a un mindoniense que en 1879 puido cambiar o curso da historia, sen esquecer ao Mariscal Pardo de Cela que no 1483 foi executado na praza da vila de Mondoñedo.
Anímate a desfrutar dun día que será moi fermoso. Adxunto documento.
Nota: lembrar que aínda hai prazas para a viaxe desta Semana Santa de 2013. Pasaremos catro días (28, 29, 30 e 31 de marzo) en plena montaña de Asturias, en concreto no concejo de Quirós: un lugar paradisíaco (Reserva da Biosfera).
Saída o sábado 6, ou domingo 7 de abril,
ás 9:00 de Lugo.
1º Sairemos da única capital de provincia que forma parte dunha Reserva da Biosfera: Lugo, e percorreremos os lugares dos dramáticos sucesos de 1918. El diario “El Progreso” titulaba na súa portada: “Lugo siente las torturas del hambre”. Ao berro de “Pan” milleiros de persoas saquearon establecementos na procura de produtos básicos. Chegouse a declarar o estado de guerra.
2º Percorreremos a pé, durante catro quilómetros, a Zona Núcleo da Reserva da Biosfera Terras do Miño e lembraremos outro suceso que conmocionou á sociedade do ano 1911. Visitaremos os escenarios dun horrendo encargo feito por adiñeirados propietarios de Madrid a un grupo de homes galegos que segaban en Castela.
3º Comeremos en Mondoñedo e visitaremos a súa Catedral co seu museo, a Ponte do Pasatempo, a fonte de Cunqueiro, etc… Viaxaremos a 1879 e falaremos do Mindoniense “Fuco Otero”, un anarquista que a piques estivo de rematar coa vida do rei “Alfonso XII”. Tamén lembraremos a figura do Mariscal Pardo de Cela executado en 1483 na praza da vila.
4º Prezo: 29 €/persoa, incluíndo transporte, xantar nun restaurante, visita a museos e servizo de guía profesionalizado.
Fernán (Guía de Espazos Naturais).
Email: [email protected]
Web: www.rutasvivas.com
Facebook: na web de rutasvivas.com
Blogue persoal: Entre azul e bos días.
Teléfono: 659774249
Deixa unha resposta