Pablo Castedo da Asociación tocando a gaita, mentras ferve a queimada |
Esta fin de semana, en realidade venres pola tarde e o sábado, unha pequena representación da asociación fomos ás Entrudanças de Entradas – Castro Verde. Todo un programa cultural que, non só se queda no que é o entroido, senón toda unha exhibición cultural desde os máis cativos, pasando por programas para mozos e mozas, coros de medianas idades ata de maiores.
Podedes comprobalo nos enlaces que van ao final.
A inauguración das Entrudanças consistiron nunha proxección de imaxes “10 anos de Entrudanças en Entradas”, seguidamente uns cantos das Ceifeiras de Entradas, todo no Museo da Ruralidade. Lugar este dunha verdadeira recolla de todo o relacionado co mundo rural de Castro Verde e do Alentejo, mais non só do mundo do campo, senón da mina, e recollida da oralidade tradicional.
Logo diversas oficinas de bailes (talleres de bailes), a onde acoden persoas de diversos lugares de Portugal ( Lisboa, Porto, Tras Os Montes…), de España etc.
Arredor das 12:00 h.do venres, o noso socio e membro da xunta directiva, Pablo Castedo e mais eu fixemos unha queimada e, Pablo interpretou varias pezas musicais e leu o conxuro ou esconxuro da queimada. Acto que para varios dos asistentes, debía de ser novidoso e do que parece que gustaron.
Os bailes continuaron ata altas horas da mañá.
Ao día seguinte, sábado pola mañá, os máis cativos fixeron os traxes para disfrazarse pola tarde, mentras varios dos que participaban na festa, fomos visitar “A Herdade da Malhadinha”, unha Adega cun viñedo dunhas 27 hectáreas que exporta viño a varios lugares do mundo, á parte ten unnha pousada, comedor na propia adega, cabalos para pasear etc. A finca foi recuperada de diveras herdades abandonadas en parte.
Mentras continuaron as oficinas de bailes diversos tanto pola mañá como pola tarde. Despois do medio día, encontro na Praça de Zeca Afonso de cativos desde dous ou tres anos ata oito ou dez disfrazados de diversos paxaros abarrotaron toda a praza xunto coas familias.
Arredor das seis da tarde, Cante Alentejano con os Ganhoes no Museu da Ruralidade onde fixeron que participara o público. Logo de cear, perto das 10:00 h., Concerto do Coro Polifónico de Castro Verde na igrexa de Entradas, onde participaban algunhas das persoas que xa nos son coñecidas; Natercia, Antonio Sergio ( como director), entre outros e, que nos ofreceron algunhas das cancións, como puido ser a Rianxeira.
As Entrudanças continuaban, mais nós xa non participamos nelas o domingo.
Comentar que foi un programa cultural, como dicía arriba,” muito interesante” e digno de envexa sa.
Comentarvos que teñen unhas seiscentas persoas en divesos grupos musicais, corais…, habendo a crise que hai e os problemas que teñen coma nós ou máis, apenas teñen paro.
Saúde e sorte a estes irmaos portugueses.
Manolo Muñiz
Referencias dos grupos que puidemos escoitar:
As ceifeiras de Entradas:
Os Ganhões de Castro Verde:
Coro Polifónico de Castro Verde:
PARA ACCEDER AO ALBUM FOTOGRÄFICO:
Deixa unha resposta