O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz
Escritor e asistentes aos actos na Casa de Turismo Rural

O escritor Agustín Fernández Paz recibiu, hoxe día 27 de outubro, o premio Ramón Piñeiro: Facer País que organiza a asociación cultural Val de Láncara co patrocinio do Concello e a Área de Cultura da Deputación. O acto comezou arredor das 11:00 h. coa sinatura de Agustín no libro do concello de Láncara. A seguir fomos visitar a casa da familia de Fidel Castro e a continuación achegámonos ata a casa de Turismo Rural. Desde aquí marchamos a Carracedo para visitar a ponte e finalmente a xornalista Belén Regueira presentou o acto de entrega do premio, coa intervención da mantedora do acto Marica Campo facendo unha louvanza do homenaxeado e, a entrega do premio por parte dos galardonados o ano pasado Mini e Mero. Comentar que Agustín fixo un discurso baseado, fundamentalmente, nas achegas da súa xeración ao mundo do ensino, da lingua de da cultura galegas.
Salientar que estivemos acompañados ao longo da xornada polo bo facer dos gaiteiros do Incio.
Saúde.
Manolo

VER REPORTAXE:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/PremioAGUSTINFDEZPAZ?authuser=0&feat=directlink