Esta XXXV Romaxe que levaba por lema, “Seguimos facendo camiño”, tivo lugar na Veiga do Olmo no noso Castro Verde.
O acto consistiu na acollida das persoas que ían chegando das diferentes partes de Galicia co acompañamento musical de Zuncurrundullo.
Os momentos máis importantes do acto consistiron en:
1.- Referencias a Castro Verde, especialmente ao Camiño, Persoeiros e Lugares do noso Castro.
2.- O Camiñante Xesús que nos acompaña e alimenta.
3.- A lenda do reino do Amor.
4.- O Berro Seco.
5.- Entrega do Ramo. A vindeira romaxe será na Magdalena, en Ourense.
6.- Despedida co Himno Galego.
Comentar que en xeral foi un acto moi reivindicativo, cargado con referencias ao Amor, Sinceridade, Fraternidade… Acompañado polas interpretacións do Grupo A Quenlla.
Todo coordinado ou dirixido por Xabier Blanco a que agradecemos desde aquí o seu esforzo.
Logo pola tarde actuación de Penabade, A Quenlla e Zuncurrundullo.
Para rematar a oración da tarde que ía ser ao pé da Torre da Fortaleza, tivo lugar no mesmo lugar da Veiga do Olmo. Acto dirixido por Valentín e Marisé da Milagrosa de Lugo.
Agradecer o traballo de todos/as os que particparon no acto e salientar a presenza de representantes do Concello e da Deputción Provincial.
Saúde, Terra e Lingua
Para ver álbume:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/XXXVROMAXEIRIMIEGOCastroverdeSetembro2012?authuser=0&feat=directlink
Deixa unha resposta