Neste domingo, algo frío de maña e, sobre todo con néboa que nos impediu visualizar as parroquias e aldeas de Castro Verde e Terras de Lugo, fixemos o percorrido do  roteiro dos muíños do poñente acompañados polos vecinos da Asociación Roteiros de Pol. Encotámonos en Castro Verde, vistamos, brevemene a igrexa de Vilabade, saíndo de Rodinso e, polo Grandón subimos en dirección a Pereira para subir a Nabeda e, se tivésemos un día luminoso poderiamos disfrutar de vistas sobre todo o val de Castro Verde, con Lugo ao fondo, ata as terras do Páramo,  O Corgo, Láncara… desde Nabeda a Teixeda, desde aquí por baixo de Teixeda ata o Campo de Eiladrán. Breve parada no Campo de Eiladrán; para baixarmos por debaixo do Gruñedo, subir ata Maceda. Desde Maceda a Vilarín podendo ver San Cibrao e de frente toda a Terra Chá, con Vilalba ao fondo. Desde O Vilarín baixamos novamente ao val do río Azúmara temos,  dicir que cruzamos varias veces diversas regos e fontes do comenzo deste río, para volvermolo encontrar á nosa esquerda, podendo ver de frente, A Cernada para irmos por debaixo do Escouredo ata as Cavozas e desde aquí por baixo de Berlán chegar á aceña da Laxe. Desde  A Acea de Laxe ao muíño do mazo, xa do concello de Pol e finalmente ata Mosteiro.

Saúde, Terra e Lingua
 
Manolo Muñiz