No mes de abril de 2011 realizaranse as presentacións de traballos para adquisición da condición de novos socios/as do Centro de estudos do Corgo, actividade que demos en denominar “Coñecemos O Corgo”, e que despois das dúas xornadas do 2010, serían a III e a IV. Farase en dous días e como sempre as intervencións serán breves, non superando os 15-20 minutos. Para elo terán a disposición os medios electrónicos que precisen.
O programa de presentación de traballos é o seguinte:
O sábado, 2 de abril de 2011,
• Javier GÓMEZ VILA:
“O camiño real de acceso a Galicia e a súa pegada nas Terras do Corgo”.
• Juan ORTIZ SANZ e Miguel Ángel PIÑEIRO GÓMEZ:
“Catalogación de construcións rurais tradicionais. Os hórreos no concello do Corgo”.
• José Manuel BLANCO PRADO:
“O santuario da Virxe das Virtudes (Pedrafita)”.
COÑECEMOS O CORGO IV
O sábado, 16 de abril de 2011, tamén no Centro Sociocultural do Corgo ás 20:00 h.
• Xosé Manuel CASTRO CASTEDO:
• Jesús ABUÍN ARIAS e Josefa GONZÁLEZ DÍAZ:
• José Luis GARROSA GUDE:
• Mario OUTEIRO IGLESIAS:
Deixa unha resposta