Alumnado na Exposición de Itinerarios polo concello de Castroverde,conferencia de M. Muñiz |
Coa exposición dos Itinerarios polo concello de Castroverde, no día de hoxe, luns 21 de febreiro, que fixemos para alumnado de 5º, 6º de primaria e 1º e 2º de ESO, coa devandita exposición, rematamos a Actividade nº 7 que veu organizando durante este mes de febreiro a Asoc. Amigos do Patrimonio no CPI de Castroverde.
Comenzouse expoñendo a idea dos Itinerarios, falando brevemente da riqueza e diversidade cultural que posúe o concello, para seguidamente, pasar a expoñer algúns dos roteiros. Aludindo primeiramente ao Camiño Primitivo, para seguir polos roteiros de: Vía Romana XIX, Val do río Tórdea, Furís-Páramo, Soutomerille e os roteiros dos muíños; Rodinso-muíño da Laxe ou Veiga e Rodinso-muíño do Ferradal, entre outros.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Deixa unha resposta