Na mañá do mércores, 26 de xaneiro de 2011, tivo lugar este encontro arredor dos Irmandamentos, onde comenzou falando Xulio Ríos, Director do IGADI, sobre a necesidade de coñecernos máis e mellor sobre as prácticas dos Irmandamentos e, de valorar, poñer en valor as boas prácticas, deixando a un lado o negativo. Salientando que os concellos ao ser os axentes sociais máis próximos terían que ter unha relación máis forte con este tipo de actos.
Pola súa parte, Daniel González ofreceunos unha visión sobre os Irmandamentos en Galicia. Diferenciando sobre tres tipos de Irmandamentos, desde os simbólicos, pasando polos que funcionan esporadiacamente ata os máis comprometidos. Os Irmandamentos teñen unha percepción política moi baixa, unha percepción negativa.
Tendo que buscar aspectos positivos como poden ser:
-A cultura da paz.
-Intercambio lingüístico e social, entre outros moitos.
Na segunda parte da sesión, falou Xaime F. López Arias, da experiencia de Irmandamento entre Sarria e Guerlèdan, e mais concretamente, Mûr de Bretagne, que comenzou no ano 1998 e o que significou para as dúas comunidades de positivo. Dicir que asistiu o representante do Concello de Sarria, Xermán Arias, concelleiro de cultura.
Pola súa parte, Amigos do Patrimonio de Castroverde, expuxemos a nosa pequena experiencia na práctica dos Irmandamentos. Explicando como naceu o noso irmandamento cos Castro Verdes da P. Ibérica. Sendo frutífera ata este momento, aínda que faltan moitas experiencias, porque se en 2010, fixemos unha exposición de obras de arte no Catro Verde do Alentejo, este ano 2011, teriamos que intentar facer, como mínimo, un intercambio de familias cando teña lugar o Irmandamento.
Con estas ideas, rematou esta Sesión.
Saúdos. Manolo Muñiz
Deixa unha resposta