EN PRIMEIRO LUGAR MEMBROS DA CORPORACIÓN E ASOCIAICIÓN CASTRUM VIRIDE DE CASTROVERE DE CAMPOS QUE, CHEGARON O SÁBADO POLA TARDIÑA, A QUEN AGRADECEMOS O SEU ESFORZO DE ACHEGARSE ATA XUNTO A NÓS, PARA DESTE XEITO FORTALECER OS LAZOS QUE XA NOS TEÑEN UNIDO.
O DOMINGO OS NOSOS AMIGOS DE CAMPOS, COMO TAMÉN FIXEMOS OS AMIGOS DO PATRIMONIO EXPUXEMOS AS PEQUENAS COUSAS QUE VIMOS FACENDO. LOGO TIVEMOS A SORTE DE QUE NOS ACOMPAÑSE D. XESÚS ALONSO MONTERO, SOCIO DE HONRA DA ASOCIACIÓN QUE, FOI O ENCARGADO DE DAR O PREGÓN.
D. XESÚS, EN PRIMEIRO LUGAR, DIRXIUSE AOS DE CASTROVERDE DE CAMPOS; ALCALDE E REPRESENTANTES DO CONCELLO E ASOCIACIÓN, SALUDÁNDOOS EN CASTELÁN, PARA QUE SOUBERAN QUE EL SABÍA FALAR EN CASTELLANO, MAIS DICÍNDOLLES QUE PRONTO VERÍAN COMO ÍAN ENTENDER O GALEGO E, SEGUIDAMENTE PASOU A FLARNOS DE TANTAS COUSAS QUE NON PODERMOS RESUMIR AQUÍ, TAN SÓ APUNTAR ALGUNHAS.
EN PRIMEIRO LUGAR A VALORACIÓN DOS OFICIOS TRADICIONAIS; DESDE OS CARPINTEIROS, CANTEIROS, FERREIROS, TELLEIROS, ZOQUEIROS… E A SÚA IMPORTANCIA NON SÓ POLOS OFICIOS EN SI, SENÓN PORQUE CON ELES VAN AS PALABRAS, A IMPORTANCIA DA PALABRA, DO NOME DAS COUSAS QUE SON AS QUE CONFORMA UNHA LINGUA, A NOSA LINGUA NESTE CASO, A GALEGA.
ALUDINDO, SEGUIDAMENTE, AO NOSO ARTISTA; PACO PESTANA, A MANUEL CORDERO PÉREZ QUE, FOI DEPUTAD0 SOCIALISTA, NAS CONSTITUÍNTES DE 1931, NADO EN RIOMOL, PARA REMATAR FALANDO DO QUE FOI O SEU AMIGO E COMPAÑEIRO NA ÉPOCA DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS EN MADRID POLO ALNO 1952, JOSÉ MARÍA FÓRNEAS BESTEIRO, NADO EN SAN PAIO, E UN DOS GRADES ARABISTAS A NIVEL DE ESPAÑA, LAMENTABLEMENTE, FALECIDO XA NO ANO 2003 E DE QUEN D. XESÚS ALONSO MONTERO GARDA UN TRABALLO (DE XOSÉ MARÍA FÓRNEAS) DOS ANOS DE ESTUDANTE, ONDE NOS FALA DA, VALLA A REDUNDANCIA, DA FALA DE SAN PAIO E DE CASTROVERDE, COMO SE DICÍAN OS NOMES DOS DIVERSOS OFICIOS, DESDE O DE ZOQUEIRO ATA AS DENOMINACIÓNS DE TODO O RELACIONADO COA COCEDURA DO PAN.
CON ESTAS REFERENCIAS, APROXIMADAS, REMATOU O NOSO PREGOEIRO A QUEN AGRADECEMOS QUE NOS ACOMPAÑASE NESTA Vª FEIRA.
POLA TARDE XOGOS POPULARES, DESDE CARREIRAS DE SACOS A TIRAR POLA CORDA E PARA REMATAR, A ACTUACIÓN, SORPRESA PARA NÓS, DOS NOSOS AMIGOS DO GRUPO “SOBRE RODAS”, LUÍS E CARLOS.
SAÚDE E TERRA. AGOSTO DE 2010
MANOLO MUÑIZ
30 Agosto, 2010 at 10:19 a.m.
Bos dias;

Chámome Verónica Corredoira, dende fai un tempo veño lendo o voso blog de divulgación do patrimonio de Castroverde, non son nativa deste concello senon de Guntín de Pallares, pero a miña relación con Castroverde viuse fortalecida cando decidín apostar pola realización dun proxecto cultural do camiño primitivo ó seu paso por Castroverde. ésta decisión tomeina ó visitar o voso
8 Setembro, 2010 at 2:15 p.m.
Benquerida Verónica!

Permíteme que me dirixa a ti con este saúdo e, grazas polas túas palabras, que lle dan a un un pouco de ánimo.
Grazas polas louvanzas á terra de Castroverde e á nosa/túa Asociación.
Como non mandas o enderezo, respóndoche desde aquí, o meu enderezo é: [email protected].
Escríbe e xa che digo como asociarte. De todos os xeitos, podes participar