Dado o gran éxito do Club de lectura no ano 2009, a A.C. Arumes do Corgo enfronta con gran ilusión esta terceira edición. Xa sabedes que o libro escollido é “Ás de bolboreta” de Rosa Aneiros (Premio Xerais 2009,…).

O encontro coa autora será o venres, 18 de xuño de 2010 ás 20:00 h, no Centro Sociocultural do Corgo, co fin de que preguntedes á autora todo o que vos pareza interesante tanto do libro, como da enorme obra literaria como da súa vida como literata.

Reciba unha forte aperta,
Mario Outeiro Iglesias
Secretario da A.C. Arumes do Corgo