María Inés Cuadrado López e Manu Clavijo
co acto
Chove para que eu soñe
que tivo lugar o día 10 de febreiro, mércores, ás 15:25 h.
O acto comezou co recital do poema, “Has de cantar / meniña gaiteira” de Rosalía de Castro por parte de Mª Inés, acopañada por Manu Clavijo, facendo alusión á importancia da nosa poetisa e ao seu significado simbólico con referencia ao Día das Letras Galegas, adicado este ano a Uxío Novoneyra. De seguido fixo un percorrido pola obra e vida de Uxió Novoneyra desde a súa infancia, pasando pola súa época de estudos de bacharelato en Lugo e a relación que tivo con Manuel María e, outros autores maiores que estaban en Lugo, como podía ser Ánxel Fole, aludindo á súa estadía en Madrid e, a relación cos compoñentes do Grupo Brais Pinto, para logo volver a Parada de Moreda, por diversos motivos. En Parada, encóntrarse con María Mariño Carou, a importancia que tivo este encontro coa poetisa de Noia para ámbolos dous foi. Rematau aludindo á súa etapa final de matrimonio con Elba Rey e o seu traslado a Compostela, cidade na que morreu en 1999. Todas estas referencias acopañadas co recitado de poemas da súa obra, facéndose acompañar polo músico Manu Clavijo coa guitarra e violín. Dicir tamén que fixo participar aos rapaces recitando un poema de Novonyra, “LÚA da xeada!”.
Finalmente despedímos a Inés e Manu que, por certo son arxentinos, amosándolles o Castro Verde vello, con visita á Torre e alusión ao paso do Camiño Primitivo polo noso concello. Dámoslles as grazas de todo corazón por ser todo un exemplo de amor á nosa cultura e á nosa lingua.
Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz
Deixa unha resposta