Prezad@ membro da xunta directiva,
Como xa sabedes, a nosa Asociación está comenzando a desenvolver un proxecto para a posta en valor das feiras do territorio de actuación a través dun itinerario entre elas. Con motivo de comezar a elaborar o proxecto, na reunión de xunta directiva do pasado día 29 de decembro de 2009, acordouse crear unha comisión de traballo na cal estivesen representados os territorios dos sete concellos mediante membros das súas entidades socias. A función desta comisión será a de definir e elaborar o proxecto, organizándose en xornadas de traballo de xeito periódico. É importante que tod@s os/as interesad@s en formar parte, teñades en conta que será un proceso de participación no que se debe de dispor de tempo para reunirse a lo menos un día á semana.
Sen máis, só queda comunicarvos a data da primeira xuntanza desta comisión, que será o vindeiro martes día 26 de xaneiro de 2010, e terá lugar ás 19:30 h na sede administrativa da Asociación (Lg. Torre nº1, San Miguel de Orbazai-Lugo).
Recibide un cordial saúdo,
Antonio Ventura Figueroa Paz
Xerente GDR-4 “Asociación Terras de Lugo”
Torre nº1; San Miguel de Orbazai-27297 (Lugo)
Deixa unha resposta