Tanto “La Voz de Galicia”, como “El Progreso” de Lugo, e outros medios escritos e radiofónicos fixéronse eco da presentación na tarde de onte, do libro “CASTROVERDE na historia e no presente” do escritor Xosé María Gómez Vilabella, no C.P.I  da localidade, obra que vai máis alá dunha reseña histórica para ser unha guía emocional do pasado e o presente do Concello. As malas condicións meteorolóxicas de neve e xeada impediron a presenza do autor, que foi suplida pola do Alcalde e o Subdelegado do Goberno na provincia de Lugo. E de agardar que o Concello faga outra nova chamada para que podan asistir autor e veciños e amigos que onte víronse privados de facelo.