Cemiterios patrimoniais, e por ende, históricos
Tres, como mínimo, que eu lembre a tal momento, e os tres na mesma estrada, na DP 1611: .
Ao Norte do castro – castelo, unha cova con estalactitas e estalagmitas, que feneceu debaixo desa curva. .
As fontes do Azúmara, en Sarceda; parte delas xacentes debaixo do entullo. Ao parecer, iso repercutiu no caudal de orixe. .
E mesmo onde remata Castroverde, o mazo dos Penallos, ou de Bascuas.
En canto á cova ben que sinto non haberlle tirado fotografías en vida; ¡hoxe como non se faga con Raios X…! A zona pantanosa do Azúmara á vista está.
Polo que respecta ao mazo, canto podo facer é aportar algunhas fotografías… ¿Para qué serven agora? ¡Non o sei, pero esta información igual pode vir a conto canto teñamos un Museo en Castroverde, e se recollan pezas, comezando pola Cova da Valiña! Aí vai o álbum:
Esta fotografía documentou no periódico El Progreso, do día 12-5-92, un artigo do crego don Manuel Reigosa. Ben visible a árbore que ía do rodicio ao malluco. As cinco seguintes son da miña máquina e do meu pulso, pobres pero elocuentes:
A ponte vella,
sobre a que se puido elevar a nova, ampliada, por fóra do mazo, caso de non querer xirar en curva aberta sobre os prados inferiores. Ao mazo accedíase por esta porta que daba ao río.
pola esquerda asoma a Parca implacable. Ver tamén El Progreso do día 26-3-1999.
El Progreso 7-2-2001: “La asociación ecologista intentó que las obras no afectasen a un mazo de hierro del siglo XVII”.
¡Eso, intentou! O encabezamento é: “Absuelven a miembros de Adega de paralizar obras en Castroverde”. –
.- ¿Fan falta comentarios? ¡Coido que non, pois as fotos falan por si mesmas!
Xosé María Gómez Vilabella
Deixa unha resposta