EXPOSICIÓN:
Ás portas de Rinlo,
fotografías de Fernando Páez

Inauguración e presentación do catálogo:
xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas,
Refectorio do Museo Provincial de Lugo

(Do 12 ao 29 de novembro de 2009)
__________
Horario

Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
[email protected]
__________

“Ás portas de Rinlo” forma parte da iniciativa cidadá “A prol de Rinlo BIC” que promove a difusión, defensa, e conservación dos valores patrimoniais de Rinlo e a súa declaración como Ben de Interese Cultural de Galicia (BIC) na categoría de Lugar Etnográfico.
O catálogo da exposición que publica a Área de Cultura da Deputación de Lugo reúne cincuenta imaxes tomadas por Fernando Paéz os primeiros meses do 2009. Estas fotografías documentan a paisaxe de Rinlo mediante un estudo minucioso das xentes, das casas e do medio buscando unha xenuina comprensión dos códigos estéticos. O fin último é mostrar a beleza do vernáculo e da paisaxe histórica reclamando actuacións que respecten a memoria e manteñan viva a identidade local dos nosos núcleos tradicionais.

Carlota Eiros
Arquitecta

Enlaces de interese:
:
1120_FOLLETO_INFORMATIVO_Ás portas de Rinlo.pdf
1120_INVITACIÓN_Ás_portas_de_Rinlo.pdf