Estimad@s compañeir@s:
A Universidade Rural Galega
invítavos a participar no
I Encontro de Dinamizadores do Mundo Rural
que tratará sobre
“Fendas, de Luz e de Sombras,
das Intervencións no Mundo Rural”.
Animámosvos a asistir xa que será unha oportunidade para compartir as experiencias e poder valorar en conxunto o camiño que estamos a percorrer os que cremos na dignidade e no futuro do mundo rural.
O encontro será osábado 21 de novembro no Museo Etnográfico da Capela ás 10:30.
Organizadores:
Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.
Obxectivos
:– Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
– Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
– Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.
Lugar e data
:Museo Etnográfico da Capela (A Coruña) 21 de novembro de 2009.
Contido
:10,30. Apertura e presentación
10,50. Presentación dos participantes
11,05 Sesión de traballo en Plenario
– Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
– Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).
– Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).
– Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).
13,15 Resumo e propostas finais
Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas
recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces.
Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións
e o plenario poderá facer algúns breves comentarios.
O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.
13,50 Acto de Clausura.
14,05. Xantar
16,30 Visita ó Museo Etnográfico da Capela.
Aínda que nos gustaría, non podemos convidarvos a comer pero temos buscado un sitio bon e barato. Animamosvos a que xantemos todos e todas xuntos, xa que no entorno máis distendido do xantar seguro que o intercambio de opinións seguirá medrando. Necesitamos que nos confirmedes a asistencia e o número de persoas que viredes ó xantar para poder facer o encargo.
Agradeceríamos que fose
antes do martes 17 de novembro,
nos teléfonos:
981.102.662 / 672.087.656
ou no correo electrónico:
[email protected]
Como podedes ver, será unha xornada para compartir, analizar e valorar conxuntamente as nosas intervencións no mundo rural, a través dos nosos proxectos, traballos e en xeral da nosa vida. Esperamos a vosa asitencia, imprescindible para enriquecer este encontro de experiencias. Recibide un cordial saúdo.
Secundino García Mera.
(Presidente da U.R.G.)
Deixa unha resposta