No día de hoxe, 20 de xuño, tivo lugar unha xuntanza na casa de cultura de Melide para tratar os seguintes temas:
– Situación en relación coas subvencións, proxectos, da U.R.G.
– Exposición de como xurdiu a idea da U.R.G. hai varios anos en Melide e, como desde un amplo grupo de persoas se viu reducido aos que estamos hoxe.
– Obxetivo de recoller os saberes do mundo rural.
– Crear un censo de sabedores.
– Recolledores deses saberes tanto de tempos pasados coma de hoxe.
Metodoloxía.
– Persoas preocupadas polo tema do mundo rural.
– Cinguirse ao que existe, ao real.
– Conseguir un equipo de traballadores para conseguir a recollida dese mundo de saberes.
Análise.
– Censo de contactos. Fichas.
– Seguir co censo de sabedores.
– Visualizar o traballo realizado.
– Papel que temos os socios (particulares ou asociacións) que integramos a U.R.G.
Finalmente desde ADEGA. Exposición-presentación da Guia de boas prácticas ambientais para o Camiño(s).
Estas foron as principais ideas debatidas.
Dicir que asistimos por parte de Amigos do Patrimonio de Castrovede, o secretario e presidente.
En Castroverde- Lugo a 20 de xuño de 2009
Deixa unha resposta