Exposición mulleres e sindicalismo nacionalista en Galiza



O vindeiro luns, día 2 de marzo, ás 20,00 horas, terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a inauguración da exposición MULLERES E SINDICALISMO NACIONALISTA EN GALIZA, que permanecerá aberta ata o 12 do mesmo mes.

Este acto contará coa presenza de D. Antón Bao Abelleira, vicepresidente da Deputación de Lugo; de Dª Mª Carme López Santamariña, secretaria confederal da muller da CIG, e de Dª Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo.

Como complemento desta mostra, o xovés día 5, ás 20,00 horas, terá lugar, no Refectorio do devandito museo, unha conferncia sobre “Mulleres e sindicalismo nacionalista en Galiza” a cargo de Dª Mª Carme López Santamariña.